Cultura,
coworking
e outras cousiñas

Modular
Coworking

Espazo de coworking Modular Multiespazo no centro de Santiago de Compostela

Sobre nós

Somos un espazo de coworking en Santiago de Compostela con acceso 24/7 para os membros, fibra óptica de alta velocidade, cociña e terraza con vistas á catedral.

Queremos crear unha comunidade agradable e activa na que cada un poida desenvolver a súa actividade e colaborar entre os diferentes membr@s.

Zona de traballo compartida con postos no coworking Modular
Rótulo de entrada de Modular Multiespazo na rúa do Pombal
Porta de acceso ao espazo Modular, cultura e coworking en Santiago
Estantería e detalle do interior do coworking Modular

Tarifas

Temos 8 postos fixos e 4 postos flexibles preparados para entrar a traballar dun día para outro.

Con tódalas comodidades para sentirte coma na túa casa, pero sen tódalas cousas malas que ten traballar na casa :)

Posto fixo*
24/7

185€/mes + IVE

Posto flexible**
media xornada

105€/mes + IVE

Acceso Ilimitado 24/7 Luns a venres 4h
Mesa Fixa. A mesa será exclusivamente túa :) Flexible
Fibra óptica 1Gb/300Mb
Segunda liña de internet por satélite
Sala de reunións privada (uso libre sen limitación horaria)
Rede por cable
Impresora láser B/N (uso libre)
Armarios para gardar as túas cousas
Servizo de limpeza
Acceso ás zonas comúns:
- Cociña totalmente equipada
- Barbacoa e crepera
- Terraza con vistas á catedral

* Ningún dos postos ten permanencia, se queres deixar o sitio únicamente tes que avisar cun mes de antelación.

Preguntas frecuentes

Encantaríanos dicirche que si, pero a sala de reunións é un recurso para a xente que traballa en Modular. Está incluída na tarifa dos membros e non a alugamos por horas nin para reunións externas.

Non, aquí vimos traballar, non atarnos de por vida. Os postos fixos e flexibles non teñen permanencia: se nalgún momento queres deixalo, abonda con avisarnos cun mes de antelación.

Ás veces estamos completos, cousa boa e mala á vez. Se non hai sitio agora mesmo, apuntámoste na lista de espera e avisámoste en canto se libere un posto. Estar na lista non ten ningún custo.

Claro. De feito, é o mellor xeito de saber se este é o teu sitio. Escríbenos e buscamos un momento para ensinarche Modular con calma e sen compromiso.

Terraza do Modular con vistas á catedral de Santiago, pet friendly
Área de descanso do coworking Modular en Santiago de Compostela
Cociña compartida do Modular preto da Alameda
Detalle de interiorismo do espazo de coworking Modular
Exposición de Iván Barreiro no espazo cultural Modular
Mesa de ping-pong na zona de relax do coworking Modular
Membros xogando ao ping-pong na área de relax de Modular
Vista xeral do espazo de traballo do coworking Modular
Vista da catedral de Santiago desde o centro, preto de Modular

Estamos no centro de Santiago de Compostela ao lado da Alameda, tan só a 5 minutos da Catedral.

Se vés en coche, podes aparcar no Campus Sur, a 5 minutos a pé, no parking de Longa Estancia.