Somos un espazo de coworking en Santiago de Compostela con acceso 24/7 para os membros, fibra óptica de alta velocidade, cociña e terraza con vistas á catedral.
Queremos crear unha comunidade agradable e activa na que cada un poida desenvolver a súa actividade e colaborar entre os diferentes membr@s.
Ademáis teremos exposicións temporais de arte para promover artistas de diferentes ámbitos.
Temos 8 postos fixos e 4 postos flexibles preparados para entrar a traballar dun día para outro.
Con tódalas comodidades para sentirte coma na túa casa, pero sen tódalas cousas malas que ten traballar na casa :)
Posto fixo* 180€/mes + IVE |
Posto flexible** 100€/mes + IVE |
|
---|---|---|
Acceso | Ilimitado 24/7 | Luns a venres 4h |
Mesa | Fixa. A mesa será exclusivamente túa :) | Flexible |
Fibra óptica 1Gb/300Mb | ✓ | ✓ |
Segunda liña de internet por satélite | ✓ | ✓ |
Sala de reunións privada (uso libre sen limitación horaria) | ✓ | ✓ |
Rede por cable | ✓ | |
Impresora láser B/N (uso libre) | ✓ | |
Armarios para gardar as túas cousas | ✓ | |
Servizo de limpeza | ✓ | ✓ |
Acceso ás zonas comúns: - Cociña totalmente equipada - Barbacoa e crepera - Terraza con vistas á catedral |
✓ | ✓ |
* Ningún dos postos ten permanencia, se queres deixar o sitio únicamente tes que avisar cun mes de antelación.
** Os postos flexibles están temporalmente bloqueados.
Estamos no centro de Santiago de Compostela ao lado da Alameda, tan só a 5 minutos da Catedral.
Se vés en coche, podes aparcar no Campus Sur, a 5 minutos a pé, no parking de Longa Estancia.
Contacta con nós
Cóntanos o que tes en mente. Tanto sexa para alugar un posto coma se só queres información. Tentaremos contestar o antes posible.